Quen Somos?

Quén somos As Grelas?

Somos un grupo de persoas da Mariña Lucense e o Occidente Asturiano, que se organizan para consumir dunha forma saudable, responsable, cercana e consciente.

Nacemos e xuntámonos polo común interese de confiar en que existe unha forma sinxela de consumir e nutrirse da riqueza da nosa terra, esa que temos preto, que pisamos todos os días, que traballan os nosos compañeir@s e veciñ@s, e tamén nós, dunha maneira eco-lóxica, que respecta o medio, sin intermediarios, establecendo lazos humanos entre @s productor@s e os que consumimos o que el@s producen. Facemos compras conxuntas a produtores e negocios preto de nós, informámonos pola natureza do que mercamos, ampliando os nosos intereses a máis aló da alimentación. Descubrimos que unha forma lóxica de mercar faite menos influenciable pola publicidade, e provócache que profundices na orixe daquilo que estás mercando…roupa, calzado, comida, agasallos, etc…Todo leva consigo unha historia… A dunha materia prima e a maneira de conseguila, á dunha xente que a elabora e a transforma (dereitos humanos e laboráis), a dunha viaxe percorrida dende a súa orixe ata as nosas máns (gasto enerxético, dependencia de combustibles fósiles) e eso é o que estamos aprendendo e compartindo…

Con este blog pretendemos dar a coñecer ao grupo e as súas iniciativas, e que sirva de ventá para traballar en rede e para difundir inquedanzas locais ou globais e información que nos pareza interesante. Se queres formar parte do grupo ou colaborar con algunha iniciativa dalgunha maneira, non dubides en poñerte en contacto connosco a través do correo asgrelas@gmail.com

2 comentarios en “Quen Somos?

  1. Me gusta lo que haceis y soy partidario de un consumo ecologico, estoy interesado en adquirir plantas u hojas de estevia por lo que si haceis algun pedido conjunto me gustaria incorporarme a el. Saludos desde Figueras. Juan Pérez

Responder a juan Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *