Acta «As Grelas» – 8 de abril de 2014

Asistimos a reunión: Rocío, Lidia, Nines, Pilar, Marta, Rosa, Vanesa e Julia.

En relación a Conferencia de Josep Pámies:

Fixemos unha valoración da organización do evento , da repercusión, das enerxías, dos coñecementos adquiridos, que supuxo esta actividade para ó grupo.

Ó longo da organización Vanesa tivo contacto co grupo “Millo Corvo” de Pontevedra. Mostraton interese en que nos coñecéramos  con a posibilidade de organizar algunha actividade en conxunto, viaxe a Dulce Revolución a Lérida, coñecernos.

Vanesa vai propoñerlle a Millo Corvo unha xuntanza en Santiago de Compostela a mitade de camiño.

Constituirnos como asociación e Distribuidores de Dulce Revolución: debatimos sobre a posibilidade de que o grupo se faiga distribuidor da dulce revolución, esto levounos a debatir sobre a necesidade ou non de constituirnos como asociación.

De momento acordamos mirar cales serían os pasos, as implicacións que tería o formarnos como asociación e buscar estatutos de outros grupos de consumo coma nos que nos poidera axudar: Nines  farase con os estatutos da Casa Azul e outras posibilidades. Julia farase cos estatutos da Dulce Revolución.

Seguiremos tratando o tema en próximas reunións.

Radio Foz: David de Radio Foz púxose novamente en contacto con “As grelas”  para facer unha entrevista ó grupo, ¿quenes son “as grelas”?, actividades que realizamos, as que estamos a realizar e os proxectos de futuro.

Acordamos ir ó programa en maio un grupo de persoas das grelas neste caso  Lidia, Marta, Nines e Vanesa. Xuntaranse previamente para acordar de qué queremos falar.

Amodiño proposta de participar no tapeo:Eva de Amodiño proponos facer algunha actividade relacionada con Tapeo que será entre o 10-18 de maio. Precisamos acordar qué para comunicarllo ó concello e que saia na programación do Tapeo 2014.

Acordamos tratar o tema “Auga de mar. Alimentación e saúde.”: a proposta que saiu e lle imos comunicar a Eva a ver se pode ser é:

  • Exposición con carteis sobre o tema que estaría esposta no Amodiño durante as datas que dure o tapeo.
  • Documental: buscar un documental ,proxectalo e establecer un debate dentro desas datas.
  • Preparar “auga de mar” para ofrecer no Amodiño.
  • Ofrecer a venta libros  “Cómo beber agua de mar”: pequeño manual.

Reunirémonos o luns 28 as 16,30h na casa de Lidia en A Pastoriza, para traballar sobre este tema. Imos buscando información mentras e compartímola por email para ir avanzando no traballo e poñeremos en asunto [Auga de mar] para que nos sexa mais doado xestionar os emails.

Julia levaralle a proposta a Eva.

Blog actualizar: propoñemos subir información sobre as actividades realizadas estes días, temos o video e audio da conferencia de Josep Pámies, Vanesa e Fernando, e El Farero están preparando os videos/audios.

Tamen propoñemos subir información de actividades feitas en anos anteriores, xa que temos videos de moita valía do Mercado Transparente do 2013 pendente de compartir.

Acordamos formar un grupo de traballo específico: Vanesa, Nines, Julia, Marta, Pilar, Rosa e Lidia (e quen se queira apuntar dos que non estabades nesa reunión).

Reunirémonos o luns 21 as 16,30h na casa de Lidia en A Pastoriza, para traballar sobre este tema.

Cine ecolóxico CEIDA: ó grupo parécelle unha proposta moi interesante, non tivemos tempo para profundizar pero gustaríanos mirar esta posibilidade. Parece que non hai datas límite para solicitar os materiais para organizar un ciclo de cine. Asi que queda en tarefas pendentes.

Cosmética Ainara: Puxémonos en contacto con Ainara, productora de cosmética afincada en Boal, envioulle información o contacto neste caso Vanesa que nos remitirá ó grupo.

Visita As Fadegas: Elia propón que fagamos unha visita a súa finca cando acordemos independientemente da festa que temos pendente celebrar ali para xuño

17 de abril Día da Loita Campesiña: Esta é unha proposta de Elvira de organizar en torno a esta data algún evento invitando a xente de ESF Galicia, non traballamos sobre esta por falta de tempo.

Mercadiño de Troco/xornadas culturais: Esta é outra proposta de Elvira que se traslada ó grupo e queda sin debatir igualmente por falta de tempo.

Auga/roupa: acordamos tratar estes temas na próxima xuntanza por falta de tempo. Iremos buscando información sobre estes temas e compartíndona por email no grupo.Também iremos contactando con xente que nos poida axudar a informarnos.

Data da próxima xuntanza: acordamos que sexa na 2ª-3ª semana de maio, acordaremos por Doodle .

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *