O espírito do Nadal trae inevitablemente compras e consumo excesivo, pero todas as persoas sabemos que é necesario pararse a reflexionar sobre o que mercamos e por que o mercamos. Agora mais ca nunca é necesario plantexarse outros modelos mais sostibles e dar mais valor aos pequenos xestos.
Nos modelos de consumo actuais (grandes industrias e grandes áreas comerciais) os consumidores e as produtoras están separados por uhna cadea de intermediarios e especuladores aos que pouco lles importa a calidade du produto que chega as túas mans, nin si a persoa produtora obtivo unha recompensa acorde co seu esforzo.
O desenvolvemento de sistemas de consumo locais teñen non só beneficios medioambientais, senon tamén sociais e económicos. O consumo local favorece a mellora na relación entre produtores e consumidores. Mercar e producir localmente fomenta a responsabilidade, mentras a distancia a reduce.
En definitiva, o consumo local dinamiza a economía da contorna, contribúe a humanizar as vilas, aldeas e cidades, ofrece un trato persoal e todo elo contribúe a dar aos produtos un alto valor engadido.
A continuación presentamos uhna serie de ideas para reducir o consumo e contribuir ao desenvolvemento local, tanto á hora de mercar alimentos como para regalos.
- Alimentación: pensemos en consumir preferentemente produtos locais e ecolóxicos. Renunciemos ao consumo excesivo de langostinos que tanta pobreza xera nos países do Sur. Exploremos a infinidade de recursos que nos ofrecen as verduras e, por que non poñer un saboroso capón en Noiteboa á mesa.
Fagamos da nosa cociña un laboratorio de bizcoitos que nada teñen que ver cos carísimos postres navideños comerciais e gocemos degustándoos na mellor das compañías.
- Regalos: Revisemos o concepto do que un regalo significa para nós, probablemente, na maioría dos casos un regalo é unha demostración de afecto á persoa regalada e que non necesariamente ten que ser grande e custoso, senón sentido.
Por que non agasallar entón cunha saborosa tarta elaborada por nós, unha cesta de froitas e verduras ecolóxicas e de comercio xusto, o mellor queixo artesanal da contorna, ou algunha desas exquisitas conservas que a todas nos gustan… (podes informarte en http://asgrelas.odiseus.org/).
Pensemos tamén nas persoas que se adican á artesanía na zona, nestas fechas hai infinidade de mercadiños nos que podemos encontrar detalles orixinais e exclusivos, todo elo sin esquecernos dos libros. Sempre son unha boa opción.
Lembrade! O Nadal é unha grande oportunidade para reencontrarse cos seres queridos á calor dos fogóns …