Entrevista As Grelas en Radio Foz (29 de maio 2014)

No pasado 29 de maio, parte das pessoas que integramos o Grupo de Consumo responsábel As Grelas foi entrevistada en Radio Foz. Se queres saber un pouco mais quen somos, que fazemos, cuales son principios que temos, animavosvos a disfrutar da audio do programa.

http://www.ivoox.com/as-grelas-ii-audios-mp3_rf_3183637_1.html

Gracias David de Radio Foz pelo convite! e gracias Cati, Julia, Lidia, Marta, Nines e Vanessa por a charla Greleira!

Semana do Tapeo en Ribadeo – «Agua de mar»!

Coincidindo coa semana do tapeo en Ribadeo, o Grupo de Consumo As Grelas xunto coa Tenda-bar Amodiño organizamos unhas actividades para coñecer os beneficios da «Auga de mar».

cartaz auga de mar alimentación e saúdeO martes 13 de maio proxectarase o video «René Quintón: un sabio en el olvido», con posterior debate e cata de Auga de mar, que nos preparan para a súa degustación unhas compañeiras das grelas.

Proxección sin son de videos informativos sobre os beneficios da Auga de mar dende o mércores 14 ata o sábado 17.

Exposición de cartaces informativos sobre as propiedades da Auga de mar, dende o martes 13 ó domingo 18.

Todas estas actividades son na Tenda-bar Amodiño.

Invitámosvos a tod@s a participar e a difundir esta actividade entre @s vos@s coñecid@s , e asi entre tod@s profundizar no coñecemento acerca dos múltiples beneficios da «Auga de mar».

 

Pedido de plantas verdes medicinales a Dulce Revolución!

10313357_10202848573848720_4215993893956633783_n

Olá a tod@s!!

Tras a Conferencia de Josep Pàmies, seguimos profundizando en temas relacionados coa nosa saúde, por ísto, dende o Grupo de Consumo As Grelas vamos facer un pedido de planta verde a Dulce Revolución!

Se queredes aproveitar e compartir con nosco este pedido, sólo tedes que contactarnos na dirección de corrreo electrónico: asgrelas@gmail.com

Aquí vos deixamos o enlace a páxina web en Lleida, para que votedes un vistazo de todo o que tein: http://botiga.dolcarevolucio.cat/ES/c/59/plantas-medicinales-vivas

Para a xestión e a operatividade do pedido, tomaremos nota dos encargos durante esta semana, do 28 de abril ao 4 de mayo, ambos incluidos.
Cerraremos os encargos o domingo 4 de mayo, as 12:00 h da noite.

Formalizaremos o pedido coa Doce Revolución o día 5 de mayo, para o cal, todos os encargos deben estar recollidos nesta data.

Posteriormente, e cando sepamos seguro o día que chega o pedido, con todos aqueles que fagades encargo, poñerémonos en contacto para decirvos cándo e dónde pasar a recollelo!

Que teñades moi boa semana!

Unha aperta!

As Grelas

 

Resumo e vídeo da charla de Josep Pámies en Ribadeo (29 de marzo de 2014)

httpv://www.youtube.com/watch?v=81qoBbyiRrs

O pasado sábado, 29 de marzo, no Cine Teatro de Ribadeo, tivemos a sorte de contar coa presenza de Josep Pámies, un labrego convencional nos seus inicios.

A súa traxectoria de indignación polo engano ao que a pseudociencia agraria o someteu durante moitos anos, levouno a pasar por momentos duros que o conduciron a unha consciencia totalmente integrada a día de hoxe, sobre temas relacionados coa alimentación e a saúde.

Tendo como base nas súas conferencias o principio de Hipócrates «Que o teu alimento sexa a túa menciña, e a túa menciña o teu alimento», comparte (sempre baseándose na súa experiencia nestes campos) coa cidadanía que decide de maneira independente acceder a el, que outra alimentación libre de pesticidas, funxicidas, herbicidas, hormonas, antibióticos, transxénicos, etc. é posible, en prol da nosa saúde e da soberanía alimentar do noso planeta.

Amosando o seu respecto á intelixencia das persoas, aos ritmos e ao amor entre os seres humáns, fixo fincapé na responsabilidade individual, como cidadanía e persoas consumidoras, de non consentir máis o engano da política comercial, coa que as grandes multinacionais farmacéuticas e da alimentación están manipulando a información na etiquetaxe dos alimentos, nos medicamentos, e como, a burocracia destas empresas, baseada no poder económico, domina as decisións dos gobernos que permiten queo financiamento que estas lles prestan lles otorgue  o permiso para impoñer os seus requisitos, afectando á saúde das persoas.

Esixiu, polo tanto, responsabilidade dos poderes públicos con respecto a todos estes temas e motivou a que a cidadanía indague en terapias alternativas como son a xestión das emocións, o consumo de auga de mar, de MMS para a xestión das augas, e as plantas medicináis, entre outros.

Introdutor da Stevia rebaudiana no noso país, dedicou gran parte da charla ás plantas medicináis, mencionando os seus usos e aplicacións, dando amplas referencias a bibliografías para o recoñecemento e propiedades das diferentes especies , e facendo mención constante á ubicación de información na rede e noutros medios, de casos de procesos curativos conseguidos con ditas plantas e terapias alternativas, en enfermidades difíciles como diabetes e cáncer, entre moitas outras.

Promoveu a confianza e recuperación da sabiduría dos nosos ancestros sobre a terra, os coidados que lle debemos prestar a esta, así como os aproveitamentos da riqueza que nos otorga.

Podemos dicir, e dicimos, que é un labrego consciente de que outro mundo é posible, e estanos invitando a camiñar en prol deste cambio.

Quizáis tivemos a un Gandhi pretiño de nós…!

Aos que non puidestes estar connosco, e para aqueles que nos apetece lembralo, aquí deixamos o link ao vídeo da conferencia!

Especiais agradecimentos a El Farero, Servicios Audiovisuales, pela axuda desinteresada na melhora da imaxe do vídeo e a David Val, de Radio Foz pela axuda con o audio.

A dulce revolución chega a Ribadeo – 29/03/14 – 12 horas

O próximo sábado 29 de marzo as 12 horas da manhá, no Cine Teatro de Ribadeo (Rúa San Roque, 2), teremos a grande sorte de ter de ter un encontro con Josep Pámies que dará unha charla e presentará o seu libro: “Una Dulce Revolución”

cartel pámies en pequeño

Josep é un payés catalán, impulsor da asociación Dulce Revolución que agrupa a persoas que queren promover o uso das plantas medicinales, divulgando información sobre os beneficios delas e facilitando o seu cultivo (entre outros).

Esperámosvos!! Nun vos lo perdades!!

Mais información en:

Vídeo: Plantas que curan, plantas prohibidas.

No blog dele.

+ mercado transparente

O próximo sábado 11 de maio, terá lugar a actividad: «+ mercado transparente» na praza do mercado de Ribadeo no marco da Semana Galega do Comercio Xusto.

Será unha manhá na que poderás encontrar no mercado os productores de horta, conservas, artesáns, obradoiros, um espazo cultural (con patrimonio cultural local), grupos de autoxestión e un encontro as 12h30 de diferentes grupos de consumo responsable do Occidente asturiano e Mariña Lucense.

Anímate a participar de alguma forma e agradecemos a sua difusión no teu entorno!

Esperámoste!

Fondo verduras. Concello. Color

Qué é a soberania alimentaria?

A soberania alimentaria é o dereito dos pobos a alimentos nutritivos e culturalmente adecuados, accesibles, producidos de forma sostible e ecolóxica, e o seu dereito a decidir o seu propio sistema alimentario e produtivo.

Da prioridade ás economías locais e aos mercados de cercanias, e outorga o poder as persoas labregas, á agricultura familiar, á pesca artesanal e ao pastoreo tradicional; e coloca a produción alimentaria, a distribución e o consumo como a base da sostenibilidade medioambiental social e económica.

Promove o comercio transparente, que garante ingresos dignos para todas as persoas, e os dereitos das consumidoras e consumidores para controlar a súa alimentación e nutrición , sabendo e coñecendo quen produce o que come.

 A soberania alimentaria tamen garante que os dereitos de acceso e xestión da nosa terra, dos nosos territorios, das nosas augas, das nosas sementes, do noso gando e a biodiversidade estén en mans das persoas que producen os alimentos.

Por iso desde o grupo de consumo de As Grelas estamos pola soberania alimentaria, por consumir conscientemente e desde a cercania das nosas casas.

Somos o que comemos; e nos decidimos  conscientemente consumir desde a soberania alimentaria.

Convocatoria Xuntanza As Grelas (14 de abril de 2013)

Dando seguimento a última reunión do grupo, manhá domingo 14 de abril de 2013 habrá reunión do grupo as 16.30 horas na casa o Formigueiro – Casa do Bispo en Campoxurado (Villaselán) con o obxetivo de organizarse para participar Semana Galega de Comercio Xusto.
Tanto si xa habéis contactado con algunha persona do grupo, como sinon, si vos interesa a iniciativa e tes interés en participar con nosco, convidámosvos a participar da Xuntanza!