Resumo e vídeo da charla de Josep Pámies en Ribadeo (29 de marzo de 2014)

httpv://www.youtube.com/watch?v=81qoBbyiRrs

O pasado sábado, 29 de marzo, no Cine Teatro de Ribadeo, tivemos a sorte de contar coa presenza de Josep Pámies, un labrego convencional nos seus inicios.

A súa traxectoria de indignación polo engano ao que a pseudociencia agraria o someteu durante moitos anos, levouno a pasar por momentos duros que o conduciron a unha consciencia totalmente integrada a día de hoxe, sobre temas relacionados coa alimentación e a saúde.

Tendo como base nas súas conferencias o principio de Hipócrates «Que o teu alimento sexa a túa menciña, e a túa menciña o teu alimento», comparte (sempre baseándose na súa experiencia nestes campos) coa cidadanía que decide de maneira independente acceder a el, que outra alimentación libre de pesticidas, funxicidas, herbicidas, hormonas, antibióticos, transxénicos, etc. é posible, en prol da nosa saúde e da soberanía alimentar do noso planeta.

Amosando o seu respecto á intelixencia das persoas, aos ritmos e ao amor entre os seres humáns, fixo fincapé na responsabilidade individual, como cidadanía e persoas consumidoras, de non consentir máis o engano da política comercial, coa que as grandes multinacionais farmacéuticas e da alimentación están manipulando a información na etiquetaxe dos alimentos, nos medicamentos, e como, a burocracia destas empresas, baseada no poder económico, domina as decisións dos gobernos que permiten queo financiamento que estas lles prestan lles otorgue  o permiso para impoñer os seus requisitos, afectando á saúde das persoas.

Esixiu, polo tanto, responsabilidade dos poderes públicos con respecto a todos estes temas e motivou a que a cidadanía indague en terapias alternativas como son a xestión das emocións, o consumo de auga de mar, de MMS para a xestión das augas, e as plantas medicináis, entre outros.

Introdutor da Stevia rebaudiana no noso país, dedicou gran parte da charla ás plantas medicináis, mencionando os seus usos e aplicacións, dando amplas referencias a bibliografías para o recoñecemento e propiedades das diferentes especies , e facendo mención constante á ubicación de información na rede e noutros medios, de casos de procesos curativos conseguidos con ditas plantas e terapias alternativas, en enfermidades difíciles como diabetes e cáncer, entre moitas outras.

Promoveu a confianza e recuperación da sabiduría dos nosos ancestros sobre a terra, os coidados que lle debemos prestar a esta, así como os aproveitamentos da riqueza que nos otorga.

Podemos dicir, e dicimos, que é un labrego consciente de que outro mundo é posible, e estanos invitando a camiñar en prol deste cambio.

Quizáis tivemos a un Gandhi pretiño de nós…!

Aos que non puidestes estar connosco, e para aqueles que nos apetece lembralo, aquí deixamos o link ao vídeo da conferencia!

Especiais agradecimentos a El Farero, Servicios Audiovisuales, pela axuda desinteresada na melhora da imaxe do vídeo e a David Val, de Radio Foz pela axuda con o audio.

Un comentario en «Resumo e vídeo da charla de Josep Pámies en Ribadeo (29 de marzo de 2014)»

  1. Pingback: Pedido de plantas verdes medicinales a Dulce Revolución! | As Grelas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *