Actas «As Grelas» 24 de Febreiro de 2013

Data e lugar: 24/02/2013, 17:00, no Formigueiro da Casa do Bispo, Campoxurado – Vilaselán

Participantes: Elena, Alicia, Nicolás, Xulia, Vanesa, Nines, Cristina, Mónica e Iván.

 Tras unha breve visita a sé do Formigueiro, comeza a xuntanza na cociña. Facemos unha presentación de cada unha de nós e tentamos definir o que é o grupo das Grelas e o que esperamos del. Saen conceptos coma xustiza, sustentabilidade, saúde, amizade, coherencia, soberanía alimentar, e accións coma reflexionar, compartir coñecementos, autoformación, consumo responsable, voluntariado, participación, potenciación e recuperación da contorna e produción local. No que esperamos das Grelas no futuro: ser quen de estabrecer unha estratexia, unhas liñas de actuación, sensibilizar sobre as nosas preocupacións, deseñar e acadar a formación que precisamos, ter unha proxección local e ser o xermolo de alternativas reais de desenvolvemento no ambito local.

Descansamos un rato para dar conta da empanada de grelos que trouxo Xulia cun vaso de viño ecolóxico.

Vanesa fai unha performance para que as non iniciadas comprendamos o concepto de Zona de Comodidade e de como As Grelas foi transformando as nosas. Gústanos moito e decidimos que hai que gravalo en vídeo e subilo ao blog.

Cris fai unha rápida e interesante presentación ao redor do concepto de voluntariado e das dinámicas que adoitan producirse entre os participantes neste tipo de iniciativas, que debemos coñecer para anticipar posibles problemas.

Poñémonos á tarefa de construir unha definición do Grupo de Consumo As Grelas:

“Somos un conxunto de persoas amigas con intereses e preocupacións comúns que buscan compartir coñecementos e consumir de xeito responsable e sán, na procura dun desenvolvemento local participativo e sustentable cara á sobreanía alimentaria real.”

A continuación falamos de accións cara ao futuro. Plantexamos que hai dous tipos de tarefas: as imprescindibles para manteñer a actividade do grupo (comunicación, pedidos, difusión), e as iniciativas que decidamos poñer en marcha a maiores. Facemos un reparto das primeiras entre a xente que está presente na xuntaza (aberto á inclusión de novas incorporacións con tempo e gañas):

Tarefas básicas de funcionamento do grupo:

1. Comunicación interna: Conta de correo: Nines vaise encargar nos vindeiros meses.

Blog (biblioteca, videoteca): Carmen, coa axuda de Nicolás

2. Recepción e xestión de pedidos: Xulia e Mónica

3. Comunicación externa: Notas de prensa, carteis, etc.: Nines, Iván, Vanesa

Proposta da actividades para os vindeiros meses:

Febreiro: Obradoiro de xabón e fieltro (Vanesa e Amaia)

Marzo: Promoción do cultivo de estevia no Formigueiro (Iván, Xulia, Nines, Grupo Terra)Maio:

Abril: Taller presentación do Proxecto Ríos (Iván, Tante, Víctor)

Maio: Semana Galega do Comercio Xusto (Cristina, Xulia, Maika, Víctor, Rosa)

Xuño: Presentación oficial do grupo (Nines, Mónica, Vanesa)

Xullo-Agosto: Libro de receitas con produtos de tempada (Nines, Xulia, Eva)

Levántase a sesión ás 21:00 horas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *