Acta «As Grelas» 24 de Marzo de 2013

Data e lugar: 24/03/2013, 17:00, no Formigueiro da Casa do Bispo, Campoxurado – Vilaselán

Participan: Nines, Mónica, Xulia e Cristina.

Puntos tratados:

  • Revisión das tarefas feitas ata o de agora.
  • Blog: acórdase facer unha actualización con fotos e información das últimas actividades feitas. Tamén darlle pulo á biblioteca. Recórdase que André, Carmen e Nicolás son as persoas responsables de actualizar o blog.

Fálase de novo de volver a reflexionar sobre a posiblidade de facer unha lista de produtoras locais. Non se chega a ningún acordo con respecto a este punto.

  • Próximas actividades:

a) Proponse participar da Semana Galega de Comercio Xusto. ( 6 ao 11 de maio)

Acordos: acordamos organizar para dita semana ( como posible data sería o 11 de maio) un encontro entre produtoras e grupos de consumo de toda a comarca da mariña e o occidente asturiano.

A xornada sería todo o día, con diferentes actividades:

– Exposición das produtoras e actividades nas que conten a súa experiencia. Como comezaron ou sobre os produtos que teñen á venda. Estas actividades levarianse adiante durante todo o día. Nines propón que o obxectivo sería dotar de contido á xornada da man das persoas ou colectivos  participantes.

– Mesa redonda – debate dos diferentes grupos de consumo da zona. Mónica propón como posibles temas a debatir: como fomentar o consumo local, a implicación da xente, dificultades atopadas, ect.

O obxectivo desta actividade é tecer redes e ver problemáticas comúns e como abordalas. Tamén ser un punto de inicio de vindeiros encontros.

– Desgustación: os grupos de consumo se encargarían de preparar algúns aperitivos e a Casa Azul ( se acepta o convite) poñería a barra con produtos de comercio xusto, ecolóxicos, etc.

– Show cooking: Mónica sinala que hai un grupo de persoas que se encargan de amenizar actividades como a proposta cociñando no momento. Acordamos tratar de contactar con eles e se a actividade é gratuíta tratar de que se acheguen.

            Acordamos como data límite para contactar coas posibles participantes o 7 de abril.

b)       Xornada de formación sobre débeda, implicacións no eido local e alternativas ao sistema económico – social actual. Modelos baseados na economía social.

Cristina explica que Amarante ten pendiente de facer unha formación en Ribadeo coa temática sinalada. A iniciativa ten boa acollida e  acórdase participar como grupo facendo parte da formación no casa do Formigueiro. A data proposta sería o venres 24 e sábado 25 de maio. Por confirmar.

c)         Fálase da idea de poñer en marcha unha radio local. Non se chegan a acordos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *