Acta “ As Grelas” 06 de Maio de 2013
Data e Lugar: 06/05/2013, Casa do Bispo, 19horas
Participan: Xulia, Nines e Berta.
Orden do dia: Últimos preparativos do “+ mercado transparente” que terá lugar o 11 de maio de 2013 en Ribadeo, dentro da Semana Galega de Comercio Xusto. Também se trata do videoforum que realizará Amodiño durante esa semana.
Ponto 1: “+ mercado transparente”
Reconto de participantes:
Aseguradas:
- Casa Azul
- Amarante + SLG + As Grelas
- A Estruga
- Amodiño
- Vilma () + ¿Belén? (xabóns)
- David () + Paz (sandalias)
- Bravío biocontrución
- Granxa o Garabullo
- Espazo cultural
- Elia (As Fadegas)
- Óscar (cestería)
- Ana panadera?
- Nuria ¿?
Necesitamos entre 9 e 11 postos. Son suficientes os do Concello.
Entrevistas, radio, música
Entrevistas coas asistentes mentres dura o mercado. Nines fala con Beni para ver se el podería facer as entrevistas. Cada 10-15 minutos de entrevista poríamos música.
Moderación da mesa redonda: Nomeamos a Cris.
Portavoz das Grelas na mesa redonda: Nines ofrécese.
Montar as mesas: Quedar ás 8 o sábado.
Nota de prensa: Xa o manda Iván
Falar coa xente da praza: Xa fixo Xulia e ningún problema.
Cartaces
O xeneral do mercado xa está preparado para pegar e colgar en facebook. Xa hai dous pegados no mercado.
Faltan
- Un co programa detallado en papel continuo e outro igual en tamaño folio (o pequeño faino Berta).
- Facer un evento no facebook das grelas.
- Como está a expo de amarante de comercio xusto, xa non fai falta facer cartaces específicos para isto.
- Se dá tempo, facer trebellos con conceptos como soberanía alimentar.
- MST e a soberanía alimentaria (nota para Berta)
Degustación: Xulia prepara termo de café e de cacao
As Grelas: O venres collemos as cestas. Xulia e Berta levan as súas para o mercado.
Obradoiro de cestería: Falar con Oscar sobre o obradoiro. Preguntarlle horarios e demais. Queda enviado o mail.
Tarefas:
- Falar con Héctor para pedirlle o equipo de megafonía e a selección de cancións. Falan Xulia e Nines mañá martes 7 con el.
- Pedir a chave da porta para os postos. Vai Berta á concellería de desenvolvemento. Preguntar onde están as mesas adicionais.
- Imprimir os folletos das Grelas en pequeño para repartir. Cris.
Ponto 1: Videoforum no Amodiño
Enviamos esta proposta a Amodiño.
Proposta para a Semana galega de comercio xusto. Videoforum no Amodiño.
Do 13 ao 17 de maio de 2013.
Habería que determinar:
- Facer videoforum dous días nesa semana. Decidir qué días.
- Elexir qué temas queredes tratar: a nosa proposta é o do textil por todo o que pasou en Bangladesh e soberanía alimentar e comercio xusto (de la mata a la olla + soberanía alimentar e comercio xusto).
Temas que poden tratarse:
A soberanía alimentar e comercio xusto.
→ De la mata a la olla. Ecologistas en Acción. 14 minutos.
→ Soberanía alimentar e comercio xusto. REAS (Red de economía alternativa e solidaria). 10 minutos.
O MST e a soberanía alimentar.
→ O MST e a loita pola reforma agraria. 21 minutos.
O consumo responsavel aplicado ás finanzas.
→ Con tu dinero. Setem. 1 hora.
A industria textil.
→ Elas pegan, as descalzas, as solas das nosas botas. Curta gañadora da campaña Roupa limpa Setem Aragón. 5 minutos.
A auga.
→ A avoa Grilo. The animation workshop. 10 minutos.
Pingback: Acta “As Grelas” | As Grelas