Acta “As Grelas” 16 de marzo de 2014


Primer Convivio As Grelas 2014

Compartimos unha agradable xornada de domingo soleado.

Visitamos un campo de preciosos grelos floridos.

Degustamos deliciosos manjares.

Visionamos interesantes videos cos que aprendemos e disfrutamos (Dos tomates y dos destinos, Alimentos kilométricos,…)

IMG_8053

Asistentes: Lidia, Rocío, Rosa, Cristina, Vanesa, Marta, Leire, Pilar, Mónica, Julia, Tante e Elia

Contextualización:

Fíxose un resumo da activiadade realizada polo grupo no derradeiro ano, e lemos a última acta do grupo, comentamos os acordos os que lles demos recorrido e os que quedaron sin desenrolar .

Organización:

  • Xestión de pedidos, cestas e demais encargaranse nesta tempada Vanesa e Mónica.
  • Comunicación interna (xestión de correo, blog, biblioteca, videoteca) incluénse neste grupo de traballo Mónica e Julia.
  • Comunicación externa (prensa, radio): a ninguén nos apetecía polo que se acorda que cando precisemos por algunha actividade ou o que o grupo decida, daquela interesados de xeito voluntario se encargaran destas tarefas.

Productos

A) Cosmética

  • Mónica propón a posibilidade de mercar productos a Lesmarietas, pequenas productoras artesanas de Valencia.
  • Cremas artesanais de Virgina de Becerreá: facial de 50 ml 20 euros, corporal de 200ml 11 euros. Varias persoas levamos un tempo utilizando estas cremas, e há posibilidade de que mais persoas do grupo fagan pedido.
  • En Boal Ainara elabora productos de cosmética e limpeza artesanais, quédamos de poñernos en contacto.

B) Lidia comparte que leva tempo lavando os dentes con auga de mar e ás veces con bicarbonato para blanquear e que suprimiu o uso de pasta de dentes.

C) Protectores solares: falamos do Karité como protector solar, e quedamos de investigar este tema e buscar protectores naturais.

D) Pan: temos nas montañas de Luarca unha productora de pan artesanal, Astriz. Rosa púxose en contacto con ella. Elabora pan de centeu, trigo e maíz de levadura ou de formento. Quedamos pendentes de planificar unha visita o lugar donde vive e traballa.

E) Naranxas: Existe unha productora de laranxas, e acordamos facer un pedido, gestiona este pedido Julia.

Proponse a posibilidade de que polo veran se consuman productos producidos no Formigueiro.

Actividades

  • Propoñemos dende o grupo de consumo unha visita a finca de Elia: ela está presente proponnos organizar unha festa na finca o 21 de xuño aproveitando para celebrar o solsticio de verán e o seu cumpleaños, propón facer unha parrillada de verduras e carne ecolóxica e invitar a xente do grupo “La Casa Azul”.
  • Visita de Josep Pámies por Galicia, propoñemos mirar a posibilidade de organizar unha conferencia en Ribadeo ou no seu lugar organizarnos para ir a Lugo o venres día 28 de marzo.
  • Acordamos reunirnos unha vez o mes e tratar en profundidade temas que nos interesan como o tema da AUGA (cómo está xestionada e tratada a auga que chega as nosas casas), ROUPA (na procura dun consumo mais racional da roupa, informarnos de donde poder comprar roupa que cumpran criterios de Comercio Xusto, informarnos das campañas de roupa limpa , etc..)
  • Rosa propón elaborar recetas de productos de tempada

Próxima reunión: o martes 8 de abril as 5 da tarde

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *