Acta “As Grelas” 06 de Maio de 2013

Acta “ As Grelas” 06 de Maio de 2013

Data e Lugar: 06/05/2013, Casa do Bispo, 19horas

Participan: Xulia, Nines e Berta.

Orden do dia: Últimos preparativos do “+ mercado transparente” que terá lugar o 11 de maio de 2013 en Ribadeo, dentro da Semana Galega de Comercio Xusto. Também se trata do videoforum que realizará Amodiño durante esa semana.

Ponto 1: “+ mercado transparente”

Reconto de participantes:

Aseguradas:

  1. Casa Azul
  2. Amarante + SLG + As Grelas
  3. A Estruga
  4. Amodiño
  5. Vilma () + ¿Belén? (xabóns)
  6. David () + Paz (sandalias)
  7. Bravío biocontrución
  8. Granxa o Garabullo
  9. Espazo cultural
  10. Elia (As Fadegas)
  11. Óscar (cestería)
  12. Ana panadera?
  13. Nuria ¿?

Necesitamos entre 9 e 11 postos. Son suficientes os do Concello.

Entrevistas, radio, música

Entrevistas coas asistentes mentres dura o mercado. Nines fala con Beni para ver se el podería facer as entrevistas. Cada 10-15 minutos de entrevista poríamos música.

Moderación da mesa redonda: Nomeamos a Cris.

Portavoz das Grelas na mesa redonda: Nines ofrécese.

Montar as mesas: Quedar ás 8 o sábado.

Nota de prensa: Xa o manda Iván

Falar coa xente da praza: Xa fixo Xulia e ningún problema.

Cartaces

O xeneral do mercado xa está preparado para pegar e colgar en facebook. Xa hai dous pegados no mercado.

Faltan

  • Un co programa detallado en papel continuo e outro igual en tamaño folio (o pequeño faino Berta).
  • Facer un evento no facebook das grelas.
  • Como está a expo de amarante de comercio xusto, xa non fai falta facer cartaces específicos para isto.
  • Se dá tempo, facer trebellos con conceptos como soberanía alimentar.
  • MST e a soberanía alimentaria (nota para Berta)

Degustación: Xulia prepara termo de café e de cacao

As Grelas: O venres collemos as cestas. Xulia e Berta levan as súas para o mercado.

Obradoiro de cestería: Falar con Oscar sobre o obradoiro. Preguntarlle horarios e demais. Queda enviado o mail.

Tarefas:

  • Falar con Héctor para pedirlle o equipo de megafonía e a selección de cancións. Falan Xulia e Nines mañá martes 7 con el.
  • Pedir a chave da porta para os postos. Vai Berta á concellería de desenvolvemento. Preguntar onde están as mesas adicionais.
  • Imprimir os folletos das Grelas en pequeño para repartir. Cris.

Ponto 1: Videoforum no Amodiño

Enviamos esta proposta a Amodiño.

Proposta para a Semana galega de comercio xusto. Videoforum no Amodiño.

Do 13 ao 17 de maio de 2013.

Habería que determinar:

  1. Facer videoforum dous días nesa semana. Decidir qué días.
  2. Elexir qué temas queredes tratar: a nosa proposta é o do textil por todo o que pasou en Bangladesh e soberanía alimentar e comercio xusto (de la mata a la olla + soberanía alimentar e comercio xusto).

Temas que poden tratarse:

A soberanía alimentar e comercio xusto.

De la mata a la olla. Ecologistas en Acción. 14 minutos.

Soberanía alimentar e comercio xusto. REAS (Red de economía alternativa e solidaria). 10 minutos.

O MST e a soberanía alimentar.

O MST e a loita pola reforma agraria. 21 minutos.

O consumo responsavel aplicado ás finanzas.

Con tu dinero. Setem. 1 hora.

A industria textil.

Elas pegan, as descalzas, as solas das nosas botas. Curta gañadora da campaña Roupa limpa Setem Aragón. 5 minutos.

A auga.

A avoa Grilo. The animation workshop. 10 minutos.

Un pensamiento en “Acta “As Grelas” 06 de Maio de 2013

  1. Pingback: Acta “As Grelas” | As Grelas

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *