Acta “As Grelas” 28 de Abril de 2013

Acta “ As Grelas” 28 de Abril de 2013

Data e Lugar: 28/04/2013, Bar o Cantón, Ribadeo

Participan: Xulia, Iván, Nines, Mónica e Berta.

A reunión comeza sobre ás 17 para falar sobre a organización de “+ mercado transparente” que terá lugar o 11 de maio de 2013, dentro da Semana Galega de Comercio Xusto.

  1. Espazo do mercado

    Finalmente, o Concello “autoriza” o uso do espazo da praza para facer o mercado. Dámonos conta de que non sabemos exactamente que espazo é, se a parte de atrás do edificio do mercado ou o perímetro da praza. Habería que falar con Víctor a ver qué entendeu él. E senón, falar coa concelleira.

    Falan Julia e Berta con Víctor.

  2. Relacións coas comerciantes do mercado

    Parécenos boa idea ir falar coas comerciantes da praza, para explicarlles qué pretendemos co mercado, ver que estamos todas xuntas polo comercio local, etc. Tamén levarlles o programa para o día 11, para que se sintan partícipes.

    Encárganse Julia e Berta.

  3. Participantes no mercado:

    Precisando de posto: Amodiño; Formigueiro, As Grelas e SLG; David e Paz; Vilma e Xulio, Belén; Granxa Garabullo; A Estruga; Casa Azul; Amarante; Nuria

    Nun precisan posto: Elia, Ana e Óscar

    Pendentes de saber se precisan posto: Balea, bioconstrución e espazo cultural.

    Precisamos entre 11 e 15 postos.

    Hai que falar coa xente do espazo cultural: encargábase Víctor, senón, irían Julia e Berta.

  1. Programación do mercado:

    + Mercado transparente

    De 10:30 a 14:00, mercado con entrevistas ás participantes.

    De 12:30 a 14:00 “Consumindo confianza: encontro de grupos de consumo responsable. As Grelas, Karrikanta, A Casa Azul”.

    Temas a tratar no encontro dos grupos:

    • Coñecernos entre nós: quén somos? Por qué fixemos un grupo de consumo?
    • Cousas boas e malas (fortalezas, debilidades, etc.)
    • Que podemos facer xuntas?

    Berta lles envía mail a karrikanta e a casa azul para que digan se lles parecen ben ou se queren incorporar outros.

    Falta saber quen vai dinamizar a mesa de grupos de consumo.

  2. Cartaces
    • Hai que facer cartaces para darlles ás comerciantes da praza e tamén para pegar pola vila. Berta vai facer un e pasalo por lista para que se fagan melloras.
    • Cartaces para o propio día do mercado: participantes e programación, soberanía alimentaria, comercio xusto, etc. Berta e Julia propoñen facelos no formigueiro.
  3. Varios

    Berta pregunta se se ve ben que dentro do mercado haxa un posto para recaudar fondos para a organización do encontro de comités de apoios do MST de Europa. Venderíanse camisolas, postais, etc. co obxectivo de poder financiar a viaxe dunha persoa do MST a dito encontro, que terá lugar en Ribadeo-Mondoñedo no 2014.

    Á asamblea parécelle ben, xa que o MST é un exemplo de loita pola soberanía alimentaria.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *