ACTA “AS GRELAS” 14 DE OUTUBRO DE 2012

Asisten: Mónica, André, María, Lidia, Vanesa, Ana e Cristina.

Trátanse os seguintes temas:

Funcionamento e posta en marcha do blog

André e Manuela comentan como vai a posta en marcha do blog. Eles dous máis Carmen dende o Brasil, están traballando na súa posta en marcha.
O enderezo do blog é o seguinte: asgrelas.odiseus.org

Acórdase facer unha entrada na que se responda á cuestión: quen somos? Vanessa, se encarga de facela.

Acórdase tamén ir elaborando unha guía de consumo responsable en Ribadeo. Empregando certos criterios na descrición dos produtos, produtoras, fincas, etc. , tratarase de facer unha relación de todas aqueles produtos aos que poidamos ter acceso en Ribadeo tendo como criterio fundamental que non se atopen a máis de 15 km de distancia da vila.

Vanesa asume comezar com o traballo arredor dos locais, produtoras, etc que hai na vila de Ribadeo. As demais asistentes acordamos ir sumando ideas segundo se nos vaia ocurrindo.

Manuela encargarase de contactar coas persoas da Casa Azul para que ellas fagan unha relación de produtoras da zona do occidente asturiano.

André acorda contactar coa xente de Karricanta para proporlles facer unha relación de produtoras da súa zona de influencia.

Acórdase facer as actas do grupo públicas e subilas ao blog para que todas as persoas teñamos acceso a ellas.

Bibliografía relacionada coa soberanía alimentaria e o consumo responsable.

Acórdase ir facendo unha relación de libros relacionados coa temática para ir subindo ao blog e que sexa accesible a todas as persoas interesadas.

Produtora de ovos.

André comenta que tivo contacto con Cruz, unha produtora de ovos ecolóxicos. Comenta que agora mesmo non ten ovos. Cando poidamos dispoñer deles o prezo é de 3 € a ducia. Cruz propoñía facerse con máis galiñas para servir ao grupo.
Acordamos agardar a que as galiñas volvan a producir e nós adaptarnos á produción de cada momento. André queda en escribirlle para comentarlle o acordo.

Actividade Casa Azul.

Coméntase que a Casa Azul está organizando un ciclo de cine sobre xénero e inmigración que se celebrará en Castropol os días 31 de novembro e 1 de decembro.

Proposta actividade Nadal.

Fálase da posibilidade de organizar cara o Nadal un mercadiño de troco e consumo responsable. Coméntase a posibilidade de organizalo dende Ribadeo e invitar a participar a outros colectivos da zona. Valórase tamén a posibilidade de facer unha xuntanza previa cos colectivos que poideran estar interesados en participar.

Non se chega a ningún acordo con respecto a isto.

Próxima xuntanza.

Cristina responsabilizase de enviar un doodle co calendario para a próxima xuntaza. A determinar entre o 11 de novembro e 17 de novembro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *