ACTA “AS GRELAS” RIBADEO, 13 DE SETEMBRO DE 2012

Asisten: Mati, Julia, María, André, Oscar, Manuela, Maika, Iván, Nines, Lidia e Cristina.

Coméntase que están na lista de correo Vanesa, Amaia, Berta, Rosa, Mónica e Carmen. Aínda que nesta xuntanza non poideron estar, queren implicarse no grupo. Rosa, Amaia e Mónica como consumidoras. Berta, Carmen e Vanesa como colaboradoras.

Comezamos a reunión facendo unha pequena presentación xa que non todas e todos nos coñecíamos. Explicamos quen somos e porque estamos interesada/os en participar do grupo.

Cesta de verdura:

Acordamos seguir collendo a cesta de Elia, cunha periodicidade de unha cesta cada 15 días. Cristina queda en chamala para concretar se a pode servir ben venres ou ben o sábado. Tamén preguntar se continuamos a deixala en Rego de Mel como ata o de agora. Comezamos coa cesta Julia, Rosa, Manuela e Óscar. Mati comeza a partires de Novembro.

Acordamos tamén ter en conta a Servando para ver que ten el e se estamos interesadas en mercarlle algún produto.

Ovos:

Comentamos que antes do verán recibimos un correo dunha rapaza que vende ovos caseiros. André queda en contestar a este correo comentando cales serían as condicións e como poderíamos facelo.

Lidia comenta que ten unha veciña que tamén vende ovos. Comprométese a falar con ela e contarnos que posibilidades temos.

Froita:

Iván comenta que unha boa forma de tomar froita de tempada e a custe moi reducido, cando non cero, é aproveitar os recursos que temos arredor. Todo/as estamos dacordo en ir “investigando” sobre onde poderíamos atopar froita de tempada.

Acordamos que cando alguén localice froita pola zona e ve posibilidade de servir ao grupo o comunica e vemos que persoa está interesada e como facer o reparto.

Carne:

Julia comenta que coñece a unha productora de case todo tipo de carne: polos, coellos e porco.
Queda en chamar á muller e preguntar cales serían as condicións e as posibilidades de servir ao grupo. Unha vez fala con ella comunícanos que posibilidades hai.

Estamos interesadas: Manuela, André e María, Mati, Iván e Nines e Cristina.

Aceites, legumes, cereais e lácteos: acordamos seguir consumindo nas tendas de produtos ecolóxicos como o estabamos facendo ata o de agora co obxectivo de apoiar estas iniciativas.

Conservas e marmeladas:

Acordamos buscar entre as produtoras locais a título individual. Falamos de Servando ou Pilar Quintana.

Patacas:
Maika ten un anuncio na tenda dun señor que vende patacas. Acordamos ver de pedir un saco para repartir. O saco é de 25 kg.

Noutro orden de asuntos, tratamos os seguintes puntos:

Periodicidade das xuntanzas:

Acordamos reunirnos unha vez ao mes. A seguintes reunión queda fixada para o día 14 de outubro ás 17:00 horas en “Amodiño”.

Organización de actividades:

Iván propón organizar trimestralmente unhas xornadas sobre consumo responsable coa idea de pór en valor as iniciativas que xurdan, así como de fomentar o comercio xusto, o consumo responsable e a soberanía alimentaria.

Todas as persoas estamos dacordo e comprometémonos a traballar nesta idea. Acórdase que se organizarán as primeiras xornadas arredor das datas de Nadal. Falaremos deste tema na próxima xuntanza.

Falase tamén de extender a actividade do grupo e complementala con actividades de formación relacionadas con diferentes temas como alimentación sana, enerxías renovables, visitas a experiencias que están traballando arredor de temas que nos poidan interesar como grupo, etc.

Mantemento posta en marcha de diferentes canles de difusión:

Iván e André propoñen xestionar eles a conta de correo do grupo.

Do mesmo xeito proponse crear un blog. Atendendo á proposta de participación de Carmen dende o Brasil, acordamos que sexa ela, xunto con André e Manuela quen se encarguen de crear unha pequena comisión de traballo para a xestión do blog.

Do mesmo xeito André propón crear un google groups para a xestión dos diferentes correos que nos vaiamos cruzando.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *