Qué é a soberania alimentaria?

A soberania alimentaria é o dereito dos pobos a alimentos nutritivos e culturalmente adecuados, accesibles, producidos de forma sostible e ecolóxica, e o seu dereito a decidir o seu propio sistema alimentario e produtivo.

Da prioridade ás economías locais e aos mercados de cercanias, e outorga o poder as persoas labregas, á agricultura familiar, á pesca artesanal e ao pastoreo tradicional; e coloca a produción alimentaria, a distribución e o consumo como a base da sostenibilidade medioambiental social e económica.

Promove o comercio transparente, que garante ingresos dignos para todas as persoas, e os dereitos das consumidoras e consumidores para controlar a súa alimentación e nutrición , sabendo e coñecendo quen produce o que come.

 A soberania alimentaria tamen garante que os dereitos de acceso e xestión da nosa terra, dos nosos territorios, das nosas augas, das nosas sementes, do noso gando e a biodiversidade estén en mans das persoas que producen os alimentos.

Por iso desde o grupo de consumo de As Grelas estamos pola soberania alimentaria, por consumir conscientemente e desde a cercania das nosas casas.

Somos o que comemos; e nos decidimos  conscientemente consumir desde a soberania alimentaria.

Acta “As Grelas” 14 de Abril de 2013

Acta “ As Grelas” 14 de Abril de 2013

Data e Lugar: 14/04/2013, Casa do bispo en Campoxurado-Vilaselán.

Participan: Mónica, Cristina, Iván e Julia

Orden do día: Organización da xornada dentro da Semana Galega de Comercio Xusto.

1. Posta en común dos contactos con produtores, artesáns e grupos de consumo:

a) Productores que participan na xornada:

  • Elia: posto con productos frescos de horta
  • Ana: posto de pan , ofrece degustación dos seus productos
  • Montse: posto con productos frescos de horta
  • Nuria: posto con ostras
  • Vilma/Xulio: posto con conservas e productos frescos de horta
  • Casa Ánxe: pendente de contactar (encárgase Julia)

b) Artesáns:

  • Óscar: taller de mimbre (3 horas de duración, público dende 9-99anos)
  • David: posto de artesanías
  • Belén: posto de xabóns
  • Paz: posto de artesanía, charla sobre nutrición
  • Henar: pendente de contactar (encárgase Julia)
  • Pilar Quintana: pendente de contactar (encárgase Mónica)

c) Varios:

  • Amodiñopropón a proxección durante a Semana Galega de Comercio Xusto de documentais e  cine relacionados coa temática da Soberanía alimentar. Quedamos o grupo de facer unha selección e proposta ( video da elaboración da panela de MCCH, Dous tomates e dous destinos)
  • Formigueiro: Equipo de megafonía, selección de música, Stand “Ribadeo creando cultura”
  • Formigueiro + Sindicato Labrego Galego + As Grelas: posto con información
  • Amarante: Posto con información da actividade e campañas da asociación, productos de comercio xusto, Exposición “Comercio xusto”
  • O canto da balea: taller sobre consumo responsable de productos de pesca artesanal, posto con información. Surxe a posterior a proposta de no caso de que fagan unha charla se invite as cofradías de pescadores, concretar con eles tempos ¿?
  • Obrabio: empresa bioconstrucción que participa con un posto e/ou charla.
  • Rego de mel: pendete de contactar (encárgase Julia)
  • La casa azul: pendente de confirmar se poñen bar, propoñerlles que traigan materiales que teñen na tenda tipo libros, revistas (encárgase Nines)

d) Participantes na mesa redonda:

  • Karrikanta grupo de consumo de Cervo (Galicia)
  • La casa azul grupo de consumo de Navia (Asturias)
  • As Grelas: Grupo de consumo
  • Formigueiro
  • A Estruga
  • Acórdase invitar a participar Guzmán productor de leite ecolóxico (non acordamos quen se encarga de contactar) e os productores de cárnicos de Remourelle (encárgase Iván).

2. Mesa redonda:

Preparar as líneas a debatir,como puntos a tratar surxen:

  • Coñecernos entre nós ¿Cómo foron os inicios?
  • ¿Cómo nos damos a coñecer?¿cómo nos multiplicamos?

Nomear esta actividade como: “Consumindo confianza”

Correos: enviar correo os participantes (encargada Nines)

3. Difusión:

  • nomear a actividade como “MAIS MERCADO TRANSPARENTE”
  • Cartel (encárgase Vanesa)
  • Escribir un artigo que informe dos contidos e a filosofía da xornada e evialo o periódico LA COMARCA, e outros medios (crónica3, La voz de Galicia, El Progreso) (encárgase Iván)
  • Difundir en Radio, facebook, blog

4.Lugar celebración do evento:

Plaza de abastos queda Maica encargada de solicitar o espazo no concello e de non poder dispoñer deste espazo , celebraríase na mesma data no Parque.

Despois de degustar as sabrosas palmeiras con chocolate coas que nos agasallaron Nines e Iván, e as 18,30 rematamos.

Saúde e República!!!

Acta «As Grelas» 24 de Marzo de 2013

Data e lugar: 24/03/2013, 17:00, no Formigueiro da Casa do Bispo, Campoxurado – Vilaselán

Participan: Nines, Mónica, Xulia e Cristina.

Puntos tratados:

  • Revisión das tarefas feitas ata o de agora.
  • Blog: acórdase facer unha actualización con fotos e información das últimas actividades feitas. Tamén darlle pulo á biblioteca. Recórdase que André, Carmen e Nicolás son as persoas responsables de actualizar o blog.

Fálase de novo de volver a reflexionar sobre a posiblidade de facer unha lista de produtoras locais. Non se chega a ningún acordo con respecto a este punto.

  • Próximas actividades:

a) Proponse participar da Semana Galega de Comercio Xusto. ( 6 ao 11 de maio)

Acordos: acordamos organizar para dita semana ( como posible data sería o 11 de maio) un encontro entre produtoras e grupos de consumo de toda a comarca da mariña e o occidente asturiano.

A xornada sería todo o día, con diferentes actividades:

– Exposición das produtoras e actividades nas que conten a súa experiencia. Como comezaron ou sobre os produtos que teñen á venda. Estas actividades levarianse adiante durante todo o día. Nines propón que o obxectivo sería dotar de contido á xornada da man das persoas ou colectivos  participantes.

– Mesa redonda – debate dos diferentes grupos de consumo da zona. Mónica propón como posibles temas a debatir: como fomentar o consumo local, a implicación da xente, dificultades atopadas, ect.

O obxectivo desta actividade é tecer redes e ver problemáticas comúns e como abordalas. Tamén ser un punto de inicio de vindeiros encontros.

– Desgustación: os grupos de consumo se encargarían de preparar algúns aperitivos e a Casa Azul ( se acepta o convite) poñería a barra con produtos de comercio xusto, ecolóxicos, etc.

– Show cooking: Mónica sinala que hai un grupo de persoas que se encargan de amenizar actividades como a proposta cociñando no momento. Acordamos tratar de contactar con eles e se a actividade é gratuíta tratar de que se acheguen.

            Acordamos como data límite para contactar coas posibles participantes o 7 de abril.

b)       Xornada de formación sobre débeda, implicacións no eido local e alternativas ao sistema económico – social actual. Modelos baseados na economía social.

Cristina explica que Amarante ten pendiente de facer unha formación en Ribadeo coa temática sinalada. A iniciativa ten boa acollida e  acórdase participar como grupo facendo parte da formación no casa do Formigueiro. A data proposta sería o venres 24 e sábado 25 de maio. Por confirmar.

c)         Fálase da idea de poñer en marcha unha radio local. Non se chegan a acordos.

Actas «As Grelas» 24 de Febreiro de 2013

Data e lugar: 24/02/2013, 17:00, no Formigueiro da Casa do Bispo, Campoxurado – Vilaselán

Participantes: Elena, Alicia, Nicolás, Xulia, Vanesa, Nines, Cristina, Mónica e Iván.

 Tras unha breve visita a sé do Formigueiro, comeza a xuntanza na cociña. Facemos unha presentación de cada unha de nós e tentamos definir o que é o grupo das Grelas e o que esperamos del. Saen conceptos coma xustiza, sustentabilidade, saúde, amizade, coherencia, soberanía alimentar, e accións coma reflexionar, compartir coñecementos, autoformación, consumo responsable, voluntariado, participación, potenciación e recuperación da contorna e produción local. No que esperamos das Grelas no futuro: ser quen de estabrecer unha estratexia, unhas liñas de actuación, sensibilizar sobre as nosas preocupacións, deseñar e acadar a formación que precisamos, ter unha proxección local e ser o xermolo de alternativas reais de desenvolvemento no ambito local.

Descansamos un rato para dar conta da empanada de grelos que trouxo Xulia cun vaso de viño ecolóxico.

Vanesa fai unha performance para que as non iniciadas comprendamos o concepto de Zona de Comodidade e de como As Grelas foi transformando as nosas. Gústanos moito e decidimos que hai que gravalo en vídeo e subilo ao blog.

Cris fai unha rápida e interesante presentación ao redor do concepto de voluntariado e das dinámicas que adoitan producirse entre os participantes neste tipo de iniciativas, que debemos coñecer para anticipar posibles problemas.

Poñémonos á tarefa de construir unha definición do Grupo de Consumo As Grelas:

“Somos un conxunto de persoas amigas con intereses e preocupacións comúns que buscan compartir coñecementos e consumir de xeito responsable e sán, na procura dun desenvolvemento local participativo e sustentable cara á sobreanía alimentaria real.”

A continuación falamos de accións cara ao futuro. Plantexamos que hai dous tipos de tarefas: as imprescindibles para manteñer a actividade do grupo (comunicación, pedidos, difusión), e as iniciativas que decidamos poñer en marcha a maiores. Facemos un reparto das primeiras entre a xente que está presente na xuntaza (aberto á inclusión de novas incorporacións con tempo e gañas):

Tarefas básicas de funcionamento do grupo:

1. Comunicación interna: Conta de correo: Nines vaise encargar nos vindeiros meses.

Blog (biblioteca, videoteca): Carmen, coa axuda de Nicolás

2. Recepción e xestión de pedidos: Xulia e Mónica

3. Comunicación externa: Notas de prensa, carteis, etc.: Nines, Iván, Vanesa

Proposta da actividades para os vindeiros meses:

Febreiro: Obradoiro de xabón e fieltro (Vanesa e Amaia)

Marzo: Promoción do cultivo de estevia no Formigueiro (Iván, Xulia, Nines, Grupo Terra)Maio:

Abril: Taller presentación do Proxecto Ríos (Iván, Tante, Víctor)

Maio: Semana Galega do Comercio Xusto (Cristina, Xulia, Maika, Víctor, Rosa)

Xuño: Presentación oficial do grupo (Nines, Mónica, Vanesa)

Xullo-Agosto: Libro de receitas con produtos de tempada (Nines, Xulia, Eva)

Levántase a sesión ás 21:00 horas.

Convocatoria primeira Xuntanza As Grelas 2013 (24 de febreiro de 2013)

Na última reunión do grupo en  2012, decidimos empezar o ano con unha reunión de discusión mais filosófica sobre que era o grupo e por donde empezar a andar!

Esa reunión será o próximo domingo dia 24 de febreiro as 17 horas, na casa o Formigueiro – Casa do Bispo en Campoxurado (Villaselán).
O orden do día é o seguinte:
17:00 – 17:30. Dinámica de presentación:
“Coñecéndonos” : Traballo sobre as nosas motivacións.
17:30 – 19:00. Linhas extratéxicas de traballo do grupo.
Dinámica participativa de reflexión e posta en común:
Que é o grupo de consumo para ti, para nós? Cales deben ser os objectivos ou liñas estratéxicas a traballar por As Grelas?
19:00 – 19:15. Café e cháchara 🙂
19:15 – 19:45. Participación – voluntariado
Dinámica, breve exposición sobre voluntariado, compromiso, motivación, ritmos/formas/puntos de vista diferentes, comunicación ou traballo en equipo.
19:45 – 20:30. Qué facer nos próximos meses coa xente que somos?
Cales deberían ser as liñas/acción priorizadas nos próximos 6 meses?
20: 30. Despedida e jantar compartido

Trátase de unha Xuntanza na que de forma dinámica e participativa as persoas do grupo xuntaremos as nosas ideas pa definir un pouco mais o grupo, as suas linhas e os seus próximos pasos.

Tanto si xa habéis contactado con algunha persona do grupo, como sinon, si vos interesa a iniciativa e tes interés en participar con nosco, convidámosvos a participar da Xuntanza!

Acta «As Grelas» 29 de Decembro 2012

Asisten: Mónica, Cristina, Rosa, Eva, Julia e Carmen

Trátanse os seguintes temas:

Introdución:
Iniciase a reunión facendo unha posta en común de cómo ve o grupo e que cousiñas podería facer nos próximos meses. Fálanse de cousas operativas: novos produtos, xornada, blog (ver os puntos específicos) e tamén de aspectos máis estratéxicos de fortalecemento do grupo (coñecer a xente que lo integra e “facer grupo”), así como debater a idea de grupo que consumo e a súa estratexia para despois pensar como organizar o mesmo, por o que se plantea facer unha reunión no mes de Xaneiro ou Febreiro para traballar esta parte mais estratéxica, tendo en conta as capacidades reales do grupo (ver o punto específico). Neste punto considerase que podía ser moi interesante coñecer as experiencias da Casa Azul (nun entorno similar o das Grelas) e a Cooperativa Zoca Miñoca (Cristina ten o contacto de unha das fundadoras).
Novos produtos de consumo:
Falase de dar continuidade aos novos produtos que na reunión de Setembro se había falado de conseguir.
Retómase o tema do peixe e Rosa falará con a persoa que coñece para ver si él e/ou compañeiros de él poden vender pescado para o grupo. Tambén se fala de conseguir fariña e fruta de temporada. Mónica fai pedidos de naranxas e avisará ao grupo cándo los faga.
Por outro lado, se considera importante facer un listado con os produtos que se están consumindo desde o grupo (ver apartado do blog)
Xornada de un día:
Falase que seria interesante facer unha xornada de un día de convivio pa fomentar os espazos informais entre os integrantes do grupo e para aprender novas cousas que nos interesen. As xornadas serían abertas e o título da xornada podía ser: “Qué sabes fer?” para compartir o que cada un sabe facer.
Algún dos temas/talleres dos que se falan son como facer: xabois, cremas, esencias, pasta de dentes, algunha receta de cociña,…
As xornadas se poderían facer en Marzo, pero tanto a data, como o alcance (tamaño), dependerá da capacidade real do grupo (no global).
Blog:
Todas creen que se lhe debe dar continuidade o blog.
Mónica fará en cuanto poda unha entrada de blog sobre soberanía alimentaria. Tamén se comenta que estaría ben facer unha entrada con o taller de xabois que fixemos en Agosto, Julia se encarga de isso.  Por outro lado, tamén se comenta que seria interesante ter o listado de produtos que se consumen a través do grupo en formato folla de cálculo e subir a información o blog.
Como o grupo e a iniciativa está “en construcción” se fala de tamén mencionalo no blog.
En relación a biblioteca se comenta que Eva ten bastantes recursos bibliográficos e de webs identificados e Manuela tamén ten mirado cousas. En un principio Eva, Manuela e Carmen seguirán vendo a forma de montar esta sección para que sexa accesible a información (por temas/sectores e tipos de recursos(webs, libros, vídeos,…).
Algunha recomendación para a biblioteca é: “Consumir menos, vivir mejor” (Toni Lodeiro, ed. Txalaparta) ou sabiduría viajera
Próxima reunión do grupo:
Debátese o conteúdo da próxima reunión de grupo, considerando moi importante “facer grupo” traballando presencialmente e definindo o rumbo do grupo, considerando as dispoñibilidades de cada un dos participantes.  Se suxiren os seguintes dous puntos:
1.- Presentación das persoas do grupo (motivación e dispoñibilidade de cada un).
2.- Estratexia: Debater sobre:
a)  Qué é o grupo de consumo As Grelas para cada un de nós?
b) Cales deben ser os obxetivos nos próximos 6 meses?
A idea é intentar preparar o máximo a reunión de unha forma dinámica e divertida con o obxetivo de intentar aproveitar o máximo o encontro.
Tarefas pendentes a corto prazo:
Facer e compartir a acta da reunión con o grupo. Responsable: Carmen.
Facer a proposta de reunión de grupo en Xaneiro ou Febreiro ao grupo, enviando o doodle con as datas posibles e animando a que participen na preparación da mesma. Responsable: Mónica (correo) e Cristina (doodle)
Preparar a reunión de grupo de Xaneiro ou Febreiro. Inicialmente: Mónica, Cristina, Eva e Carmen

ESTE NADAL CONSUME LOCAL, E RESPONSABLE.


O espírito do Nadal trae inevitablemente compras e consumo excesivo, pero todas as persoas sabemos que é necesario pararse a reflexionar sobre o que mercamos e por que o mercamos. Agora mais ca nunca é necesario plantexarse outros modelos mais sostibles e dar mais valor aos pequenos xestos.

Nos modelos de consumo actuais (grandes industrias e grandes áreas comerciais) os consumidores e as produtoras están separados por uhna cadea de intermediarios e especuladores aos que pouco lles importa a calidade du produto que chega as túas mans, nin si a persoa produtora obtivo unha recompensa acorde co seu esforzo.

O desenvolvemento de sistemas de consumo locais teñen non só beneficios medioambientais, senon tamén sociais e económicos. O consumo local favorece a mellora na relación entre produtores e consumidores. Mercar e producir localmente fomenta a responsabilidade, mentras a distancia a reduce.

En definitiva, o consumo local dinamiza a economía da contorna, contribúe a humanizar as vilas, aldeas e cidades, ofrece un trato persoal e todo elo contribúe a dar aos produtos un alto valor engadido.

A continuación presentamos uhna serie de ideas para reducir o consumo e contribuir ao desenvolvemento local, tanto á hora de mercar alimentos como para regalos.

  • Alimentación: pensemos en consumir preferentemente produtos locais e ecolóxicos. Renunciemos ao consumo excesivo de langostinos que tanta pobreza xera nos países do Sur. Exploremos a infinidade de recursos que nos ofrecen as verduras e, por que non poñer un saboroso capón en Noiteboa á mesa.

Fagamos da nosa cociña un laboratorio de bizcoitos que nada teñen que ver cos carísimos postres navideños comerciais e gocemos degustándoos na mellor das compañías.

  • Regalos: Revisemos o concepto do que un regalo significa para nós, probablemente, na maioría dos casos un regalo é unha demostración de afecto á persoa regalada e que non necesariamente ten que ser grande e custoso, senón sentido.

Por que non agasallar entón cunha saborosa tarta elaborada por nós, unha cesta de froitas e verduras ecolóxicas e de comercio xusto, o mellor queixo artesanal da contorna, ou algunha desas exquisitas conservas que a todas nos gustan… (podes informarte en http://asgrelas.odiseus.org/).

Pensemos tamén nas persoas que se adican á artesanía na zona, nestas fechas hai infinidade de mercadiños nos que podemos encontrar detalles orixinais e exclusivos, todo elo sin esquecernos dos libros. Sempre son unha boa opción.

Lembrade! O Nadal é unha grande oportunidade para reencontrarse cos seres queridos á calor dos fogóns …