Semana do Tapeo en Ribadeo – “Agua de mar”!

Coincidindo coa semana do tapeo en Ribadeo, o Grupo de Consumo As Grelas xunto coa Tenda-bar Amodiño organizamos unhas actividades para coñecer os beneficios da “Auga de mar”.

cartaz auga de mar alimentación e saúdeO martes 13 de maio proxectarase o video “René Quintón: un sabio en el olvido”, con posterior debate e cata de Auga de mar, que nos preparan para a súa degustación unhas compañeiras das grelas.

Proxección sin son de videos informativos sobre os beneficios da Auga de mar dende o mércores 14 ata o sábado 17.

Exposición de cartaces informativos sobre as propiedades da Auga de mar, dende o martes 13 ó domingo 18.

Todas estas actividades son na Tenda-bar Amodiño.

Invitámosvos a tod@s a participar e a difundir esta actividade entre @s vos@s coñecid@s , e asi entre tod@s profundizar no coñecemento acerca dos múltiples beneficios da “Auga de mar”.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *